Sunday 12 de May de 2024

Clausura dos cursos de cociña organizados polo Concello de Ordes


O curso de cociña organizado polo Concello de Ordes chegou esta fin de semana ao seu fin. Ao longo dos últimos oito meses máis de quince alumnos e alumnas aprenderon a elaborar todo tipo de receitas da man da gran cociñeira Karyna Carreira. Risotos de arroz, guisos de mar, carnes de vacún e de porco asadas ou ao forno, repostería e todo tipo de pratos tradicionais e de cociña moderna. A enorme aceptación que teñen este tipo de cursos, tamén dirixidos a nenos e nenas, fixo que o Concello de Ordes habilitara unha aula con todas as comodidades e electrodomésticos de última xeración no primeiro andar da Praza de Abastos, espazo onde unha vez por semana se imparten as clases.